Tres xeitos de facer un panorama esférico:
Este é o primeiro dos 3 titoriais onde explicaremos 3 formas de facer un panorama esférico en función da técnica e equipo utilizado:
1º- Equipo utilizado

· Cámara compacta: Nikon 8700
· Lente: convertidor de ojo de pez Nikon FC-E9
· Acoplador de lente: Nikon UR-E12
· Cabezal rotatorio: Agnos M-rotator-b
· Trípode
Para realizar un panorama esférico con este equipo imos capturar 3 imaxes completamente circulares, realizando unha toma cada 120º cos mesmos parámetros para cada unha delas.
Aquí temos as imaxes
Toma 1ª

Toma 2ª
Toma 3ª

Unha vez descargadas no computador imos coser as imaxes co fin de obter unha imaxe “equirectangular” que é como se domina o arquivo resultante que interpreta os visores de fotografía esférica: devalvr, flash, quicktime, etc…
Imos unir estas 3 imaxes para compor o panorama.
Para o seu cosido utilizaremos Ptgui (versión 7 ou maior), este é un dos programas de creación de panoramas máis utilizado, aínda que existen moitos outros.
Ao abrir o programa aparece unha fiestra que se chama “Panorama editor”
Se non se activa ela soa podémola abrir desde a barra de ferramentas Tools-Panorama Editor ou co atallo de teclado Ctrl E:

Nesta fiestra seleccionaremos o tipo de proxección “spherical: 360x180 equirectangular” ou utilizando o atallo de teclado Ctrl Alt S.

O paso seguinte é cargar as imaxes desde o seu destino:

Cargadas as imaxes ábrese a fiestra Camera/lens data, facemos clic en Cancel e
introducimos os seguintes datos, no apartado situado á esquerda denominado “Cámara / lens parameters” desactivando a opción Automatic:
Por encima da pestana que utilizamos para cargar as nosas imaxes “1.Load images”, temos outras tres, facemos clic sobre “Crop” e axustamos a circunferencia para delimitar os bordos de foto. Clic na pestana da dereita “apply to all images”, para aplicar os mesmos parámetros ás outras dúas.
Clic sobre “Project Assistant” para volver á fiestra principal. Agora presionamos en “2.Align imaxes” automaticamente abrirase a fiestra de “Panorma Editor” co panorama en formato “equirectangular”.
Pero para comprobar se as unións están ben feitas, recorreremos á opción “Preview”, que ao facer clic sobre ela, lanzará o panorama no visor de QuickTime (evidentemente é necesario ter este visor instalado).
Navegando polo panorama podemos detectar se existen zonas mal cosidas. Neste caso temos un xeito para axustar as unións. Clic sobre “Control point assistant…” para inserir novos puntos de control que nos axuden a mellorar o resultado final.
Probamos de novo e se o resultado nos convence, xeramos a imaxe “equirrectangular” final. Clic en 3.Create Panorama e introducimos os parámetros de saída para o arquivo final que imos crear.

Aquí está a imaxe equirectangular final:
Aqui vémola en Flash (versión 9):
Nas vindeiras semanas poderás atopar en degalicia.es, novos tutoriales de fotografía panorámica:
-Achar "o Punto Nodal" ou "a Pupila da entrada" esencial para evitar erros na construción de panoramas esféricos.
-Retocar o trípode que aparece no chan do panorama.
-Dúas novas técnicas para facer panoramas esféricos a alta resolución para proxectar a pantalla completa. No último desta serie farémolo cunha cámara normal sen necesidade de utilizar unha lente especial.
|